15/10/2007

Empesou a guerra subersiva en Moaña


Esa noite botaron pa fora os bijotes as ratas. Habia ser que se aljariaron por culpa do do día da festa da rasa e puseron bunitos os muros de Moaña. Andan un pouco desesperadas coa toupeira que teñen a cabesa., pur iso colleron outro camiño, qui tamen en pulitica se chama tatica subersivaa. Unhas ratas pasaron a clandestinida, a faser estropisios nas paredes (o frente militar), outras encarjanse de escribir no Faro (o frente cultural) e outras son as que andan a rebentar os plenos do conxello (o frente pulitico). E un camiño a mar de pilijroso por que di momento a guardia sivil, seica anda a investijar a letra das pintadas e desde que miramos o CSi pola television, onde poñen u ollo poñen a bala. Sera pur iso que algun sa anda coa man escayolada con efetos retrotivos por se ascaso,...

12/10/2007

Pois vai ser que non

Anda o Pastoriza que non lle cabe un feixon porque saliu un monte de veses no FAro a conta do das chaves. A quen non lle justou nada como acabou o conto foi o Fervensa que este dia botaba no Mingueu pestes contra o Pastorisa e o menos que lle chamaba era cobarde e sinverjuensa. O parlamentario din as malas lenguas sa tiña a tina do sanjre preparada pa faser unhas boas filloses neste Sanmartiño. Pois vai ser que non. Nin Millan vai cortarse a man direita como penitensia, nin Pastorisa lle vai pedir tal cousa. A fin de contas o animador da orquesta socialista sa consejiu o que queria: impoñer a sua personalida diante do pueblo, por si algun pensaba que estaba no goberno pa lusir a americana. Que tamen.

Pero dijo eu

Resulta que co conto do insendio serco da fabrica da Guia muitos moañeses nos enteramos do que se esta a faser ali. Resulta que se vai montar unha fabrica de pantalans naquelas istalasions que estaban case que en ruina desde que a conserveira deisou de traballar vai para ala case que trinta anos.
Pero dijo eu non esta pa iso o parque industrial de Castiñeiras, en ves de deixar poñer unha fabrica na ribeira, nuns terrenos publicos, que eran co permiso pa unha conserveira e cuns camiños pa chejar ali que non se poden comparar coa via rapida que sa se fixo pensando no poligono industrial do Morrazo.
Pero dijo eu de quen seran amijos os afortunados empresarios pa faser o que lle dea a jana cos terremos publicos que e como dicir de todos nos.
Pero dijo eu onde teñen os conselleiros de Moaña os 34 ollos, sa que sabemos que ningun esta sejo nin torto, pa non tocar as campanas avisando desta trapallada.
Pero dijo eu onde andaran as consellerias de medio ambiente, industria e costas todas xuntas e revoltas da Xunta e Revoltallo de Galicia.
Pa min que estamos diante doutra gran casicada, das de sempre, coa diferensia de que antes ainda habia partidos qui botaban contra os casiques e agora iso pares que sa pasou de moda.

Isto esta que arde

A semana pasada foi en Cangas, en Montecarrasco que ardeu o monte por catro ou sinco sitios a un tempo. E esta semana temos un en Moaña, na Jandra, e onte outro mais en Meira, pa parte da Guia. Dase a casualida que todos teñen pinta de ser feitos a posta e non no medio do monte, si non a rente as casas. Isto da que pensar.

Anda ai o Euloxio


A Euloxio non o quiso Millan no goberno e por iso non iba quedar calado. Sa o temos ai a faser arruido. Ademais conta cun asesor politico da catejoria de Candido o Manchado qui era o que andaba co coche dos altavoses nas visperas das elesions a disir: bota por nos an que nas outras botaras por uns ou polos outros. O final non saliu, solo saliu Euloxio qui ten muita percha, pero que nesesita que no carro algen lle ande a rascar os fondos da chalana. E asi foi como o Manchado non se lle ocurriu faser outra cousa que segir co reportaje que puseran nun libriño mui bunito cheo de afotos as ratas nas elesions pasadas. Vamos ver que resultado lles da, por que as veses pares que rason non lles falta.

10/10/2007

O canastro


Mentres estuven no Povisa axuntoume meu neto un monte de cousas pa ler. Onte tocoulle o turno o Canastro, que como sabedes e a revista da asociación de visiños de Berdusedo. Foi unha gran alegria por que nese barrio teño un feis de bos amigos e algunha familia. Quero felisitar a todos os que fan o Canastro pero espesial a Luis Chapela. ¡Quen o diria¡ pasou de seren o máis grande rachapedras do barrio a o pregonero ofisial de Moaña. Ainda me acorda da finada da miña tía Rosa fasendo juardia no quinteiro, nunha man a escoba de sestas e noutra o manco do lijon, cada ves que asomaba as orellas aquel jaliñan. Masans, pisejos, e asta aljun polo, todo lle valia, sejuramente pa faser algunha selebrasion cos amijos.
Aora devolvenos no Canastro a dous personases ilustres de Moaña e de Berdusedo: a Xesús Pidre, fusido de Franco que vive en Bruselas e o Jalán, poeta dos pasaros, que descanse en pas. Sa temos mais dous motivos pa estar os moañeses un pouco máis orjollosos de nos mismos.
E inda que cun pouto de retraso: muitas gracias Luis, muitas gracias a sosiacion de visiños, e a sejir por ese camiño.

06/10/2007

A niñada


?Onde andan as ratas deste pueblo? preguntaba un que paresia un pouco preocupado. Mui fasil: nas alcantarillas, medrandro e collendo forsa arrente o sudre. ¿Pro que non salen pa fora?, preguntaba outro. pois por que ainda estan criando a peluse e non lles estirou o rabo e os bijotes sufisiente. Pero o outro día, paresme que vin unha delas, disia un que pasaba por ali. Salia no Faro e botaba contra os consellales polo que cobraban. Non era unha rata home, dixenlle eu, era unha toupeira. Claro ahora entendo que non anden a roer polo dia, contestoume un que andaba a andar por ali.
E o problema que teñen, quisenlle esplicar eu, primeiro non teñen diretor da comparsa (e unha toupeira seja) e alguns ala en Santiago e tamen a tripulasion de Moaña sa se empezan a desesperar por que levan desde as elesions sin rillar unha codia. Menos mal, me diso outro que viña do Con, que teñen o Faro, que de cando en bes preparalles os aparellos pa ver si pescan algo no revoltallo. ¿Qui revoltallo, falas ti¿, preguntou un dos que estaban sentados no banco do paseo. E que os de Millan son tan liseiros de man que cada vez que fan un lanse as pesas quedanlle enleadas na pedra. E despois sa se sabe, hai que cortar polo san, contestou. Enton van ser catro anos mais tranquilos que en Trigas, dixo un pequenote da Plaia que non quixo quedar sin meter basa. Oh, non te fies, dijsenlle eu, se non son uns seran outros os que fagan a festa. Sinon o tempo. Igual o lider da oposision ven doutra niñada, e non de toupeiras presisamente. Asi acabou o parlamento desta mañan. E con estas fomos pa comer que sa eran case que a uhna e media.

05/10/2007

¿Quen vai pajar o pato?

Escoitei o ruseruse no club de jubilados da Seara que co das chaves da ofisina do alcalde alguen vai pajar o pato. Disque os de Pastoriza xa lle puseron presio pa sejir no goberno sunto cos do Bloque. Queren unha cabesa. Estes ´dias anda mui enleado o alcalde, desfollando a marjarita, que si que non,.. pero o final pares que vai ser que si. Algun prosimo a el vai ir direito po matadeiro. De momento pares que anda desaparesido, sejuramente fasendo penitensia antes de poñela cabesa na jillotina. Alguns asta din que non cheja o san Martiño. Son cousas que pasan por andar a enredar cunhas chaves.

Menos mal que nos quedan os arbañiles

Namais chega ren a casa, porque estes dias estuven no sanatorio por unha perna que teño mal, deronme as ganas de poñer algo aqui dos arbañiles que andan estes días en folga por Vigo adiante. Farteime de ler esta temporada nos faros, nas revistas e asta nalgun libro dos que me traia o meu neto. Evos un escándalo o do dereitoso Sarcocy. Non solo ganou as elecions si non que tamen meteu a bordo do goberno aos socialistas e algun dos comunistas de antes. E o galo do galiñeiro franchute. Quere isto disir que ali, xa non e coma antes nos tempos da radio pirenaica. En Francia xa non hai revolucionarias nin aqueles politicos e periodistas e asta filosofos que lin nos libros como Sartre, Camus, San Esipery, e muitisimos outros. Agora a moda é ser como os americanos, como os yanquis de Bush: xubilarse mais tarde, reforma laboral, menos vacasions, pribatisasions,... ensejida aterriso aqui e resulta que o rapas de Aldan, que se chama David Cal, que janou un feis de medallas nas olimpiadas, non hai quen lle faja caso. Nin as empresas, nin a xunta. Ainda outro dia morreu como un heroe o Paquito Fernandes Ochoa, aquel que andaba a esquiar e gañou solo unha medalla de bronce. David ganou duas nunha olimpiada, unha de OURO e outra de PLATA, o que non conseguiu nunha na historia ningun deportista español. E a conselleira da Xunta que tiña que andar cunha escoba de sestas a barrerlle o camiño por onde pasara este home, anda mui ocupada nas senas pa ver que fan co nicharo que fiso Fraga en Santiajo.
Non, e o que dijo eu. o mellor que podia faser o david cal era matar se en calquera volta da carretera unha noite vindo dhna fuliada. Habiamos de ver os homenases, discursos e choreiras de todo dios. As veses penso que o mellor que se pode faser neste pais e marchar po outro barrio pa que te respeten como se fai con Castelao e Rosalia de castro, por ejemplo. Menos mal que nos quedan os arbañiles, xente onrada e traballadora , pa disir que ainda estamos aqui.

14/09/2007

Onde estan as chaves

Cando xa pensabamos que este ano Moaña iba quedar sin cansión do vran, de repente volve aquela de Onde estan as chaves matarile na version do coro do conxello. E normal porque o que non e normal e que o alcalde marche coa chave da ofisina pas Canarias de vacasions. De quen desconfia o alcalde Millan, dos funsionarios, dos compañeiros de goberno, dos seus do bloque? Eche un pouco misterioso este rapas. De entrada deulle pe o Fervensa pa abrir a boca, que estaba mui caladiño desde que levou o nabo de ter que sentarse nos bancos da oposision.
O Pastorisa pares que non lle preocupou tanto o choio. Como el anda todo o dia o rolo cun ordenador deses de meter na maleta tanto lle ten. Monta a ofisina en calquera parte. Hasta no bar si fai falta que xa o teño visto eu a "despachar' con algun visiño.
Pa prosima Millan que faga como o barbeiro e deixe un cartel na porta do despacho que poña "cerrado por vacasions" e asi xa queda aclareado que o que queira cortar o pelo ten que esperar a que veña o alcalde de volta e listo.

13/09/2007

As voltas con costas

En primeiras non vos vou disir cousa nova sobre o Montenegro. Quen foi este ilustre personaje sa o sabe todo Moaña. Tiña mui boas influensias ala mui arriba, tantas que chegaban a Madrid e el bulia coma os ratos ajuaneiros naquelas fochas podres do franquismo que lle chamaban ministerios. Traballouno ben, pa iso era un cacique dos de verda e ademais estudiado. Pero alguns nesesitan meterse debaiso das andias na persesion pa faserse os santos,c ando todo o mundo sabe que muitos que compraron no edificio de salitre XA SABIAN que era unha ilegalida e aproveitaronse do conto. Lojo uns revenderon ou compraron mais tarde e hai ali familias ali que non teñen culpa de nada, iso é serto. Tamen hai outros que disque teñen propiedas. Que llo vaian contar o xues de turno que iso son cousas da lei. Pero o que esta aqui en retesia e o interes de todo o pueblo en mirar o mar a estribor e os intereses duns POUCOS visiños a bavor.. E desque teño uso de rason pa min as casas os traballadores temolas pa vivir nelas e non pa especular. Por iso non ahi ningun problema. Ninguien vai mandar aos visiños coas suas familias po camiño. Van seguir vivindo ai asta que o estado ou a xunta teña os cartos pa indenizalos, si lles sobran alguns dos que estan a jastar conprando Cortegada, Salbora, islas de Canarias e aquel hotel de Pontedeume e outros sitios polo estilo.
O outro dia sa lin que os de IMO andaban tamen a carresar po muiño pero coa saqueta libre. O final non se atrebian a disir nada, Nin que si nin que non, solo pidian informasion o consello e iso que andan na oposision. E dijo eu ¿non andara tan mansiño Eulosio pa non molestar o seu amijo Oscar Riobo, o telefonista dos empresarios, que pares que tamen ten aqui intereses da familia¿
E ajora pa acabar unha reflesion. Quen lle deu permiso pa construir detras do auntamento novo os heredeiros de Montenegro, que van sacar varios miles de millons no viase. Alguns choraban pola erbiña que estrajaba o barrendeiro, peso a ver que din cando enpesen a mirar o mostro que vai salir de ali atras.

10/09/2007

O deslinde de costas da seara


Anda Julia a do bar Moaña aljareada porque quer que lle tiren a proibision pa construir enfrente do seu negosio ou polo menos que lle dean os cartiños polo solar. Sa andou a darlle o rolo con Javier Barreiro pero non consejira nada. Aora todos os fachas da redonda meteron tamen en xogo o Riobo da libreria do Puntillon pa que mova o alcalde aproveitando que son amijos. O Millan que non e nada parbo, pusoxe ensegidiña a remexer e disque vai mandar un recurso a Madrid pa defender os intereses de todos os que teñen as casas a rente o mar desde a casa do mar o Salitre. Sa xabe el que non vai consejir nada pero polo menos vai ver si soseja de momento a comparsa que ooutro dia se reuniu no consello con Turito o frente.
Ai ahi moito que falar. Nuhna estrema temos un astillero que deixou de selo ai moitos anos e aora funsiona como almasen de madeira, e asta un parbo sabe que os permisos que se dan, por ejemplo pa ter unha batea pa criar o mesilon , si se dedica a outra cousa podenche tirar a consesion. Pero ai muito espabilado neste pueblo que pensa que en ves de ollos os visiños temos na cara croios da ribeira.
E pola outra estrema temos o edifisio do Salitre que o quinqui delincuente Garcia Villar vai pa ala máis de vinte anos co permiso de faser dous pisos e o final meteulle catro e unha jardilla. E os que compraron ali muitos foi de mala idea aconchabados co quinqui delincuente, fasendolle un desafio o alcalde que daquela era Abalo pa ver si tiña o aquel de botar unha familia fora da casa na que se meteran a correr pa dentro.
E aora andan a estrapusar no FAro e a buscar a solidarida dos visiños ou a compasion ou non sei que. Alguns dos cabesillas que andan en rojativas aora hai uns dias a botabanlle merda a sestas porriba a o barrendeiro que disque estrajaba a erba do xardin do concello. Arre carallo cos comenensiudos deste pueblo.

31/08/2007

A licion do barrendeiro

Uhna boa licion deu o barrendeiro que se puxo a faselo campin diante do conxello de Moaña. Mentras alguns calaban, os fachas, outros non disian nada, os que tiñan a culpa. Aprivatisaxion da dos barrendeiros para poñelos en mans das Koplobich fixose daquela maneira e todos estaban dacuerdo. ?Pero onde quedaban os traballadores? Menos mal que o sindicato puso as cousas no seu sitio, porque a alguns fan coma os novos ricos ensigida se lle sube o pder a cabesa.
Muito tuvo que sufrir este home. Uns que si era un vagamundo, outros doidos pola erbiña que disque estaba a estragar. Como non iba a ser asi, disian todos os da comparse, si asi son todos os que traballan no auntamento di Moaña, en todos os auntamentos de todas partes e o final todos os traballadores do mundo que e como disir todos os que poñen o peis na mesa, os que fan as carreteras e as casas, os que curan, os que cuidan os vellos, todos todos.
Pero as cousas son coma son e de cando en ves como pasou aora, tamen como teñen que ser. Con xusticia. Esperemos que alguns aprenderan a lision. unha boa lision tamen pa aqueles que se chaman compañeiros e ajachan o curqueiro cando o patron lles anda a bater no lonbo.Vivan os traballadores unidos.

24/08/2007

O mellor das festas do Carme 2007



Di meu neto que me puxo este video aqui no blo que lle poña unhas palabriñas. aora me acordo que meu pai disía: Cando veña a ajua antes co vento, prepara o aparello a tenpo.
O malo e que con tanto coche por todos os lados o final non vamos caber., e ainda o pior seria que algun burrican se lle ocurrise botar mais terra na riveira pa faser mais aparcamentos, que habelos hainos.

17/08/2007

A voltas coa via rapida

Salen no FAro hoxe os alcaldes e a alcaldesa do Bloque no Morrazo pa falar da via rapida, e paresme mui ben. Esa obra que foi un estrago pao monte sa se sabia que iba dar problemas. De momento xa vemos este vran as colas que se forman e menos mal que non fiso muita calor, que aquilo e morrer. Canta mais autovia mais coches e conseguimos quitar o peaxe de RAnde pa nos e veñen tanmen mais coches. E o pior e cando se ten que salir do corredor ou via rapida ou como quer que a chamen, de repente xa estamos outra ves nos camiños de carro de sempre pero cun pouco de pichi por riba. Asi e como traballaban os de don Manuel, tira pa diante que hai que gastar da rasion que nos mandan de Bruselas. Por iso unha cousa que hai que poñerse dacuerdo e si primeiro queremos que o corredor teña un carril mais de ida e outro de volta ou si antes de nada hai que poñer en condisións as carreteras do Morrazo e tamen o que se chama as cincunvalasions.
Por que si queremos que veña o turismo non vaia ser que a sente entre por uhna porta e salga por outra sin faser chica de jasto, que diso non e do que se trata. E pa nos tamen, os que vivimos aqui nesesitamos que un coche poida andar polo medio de Cangas e que isto se organise doutra maneira pero contando co Morraso, porque estes da Xunta do Touriño son coma os outros que cando estaban no poleiro cajaban pa baixo, que pao caso é onde estamos nos, os visiños de Cangas, Bueu, Moaña e Marin. !A! e tamen Vilaboa que todo o mundo se olvida deles a ultima hora menos pa iso. E si non mirade como teñen a carretera comarcal. Pero desa sa falaremos outro dia.

16/08/2007

as contas de vella na Festa do naseiro

1200 necoras a 3,50 euros ----------------> 4200 euros
300 racións de camaron 15 euros ---------> 4500 euros
400 racións de pulpo 8 euros --------------> 3200 euros
500 racións de empanada:
400 non de marisco 3 euros --------------> 1200 euros
100 de marisco 5 euros --------------------> 500 euros
--------------------------------------------------------
En total ----------------------------------> 13400 euros

Fixemos estes numeros na taberna contando o que di o Faro. se e asi suntarian se 13400 euros o que veñen sendo dous millons e un cuarto das pesetas de antes, sin contar o que se ganou co viño c os cases e co pan que por serto, pedian por duas codias 1 euro.
Todos estes numeros é mintira como case que todo o que di o faro todos os dias, por que non se achejaron a Reibon mil personas pa chuchar na cantida de necoras que disque se venderon, poño por caso.
Quen fixo caixa fijo foi o forno de meira que se encargou das 100 empanadas da festa.
Pero o mellor do conto e que os naseiros, sejun me contou o meu compadre Lucho, a ora de comer estaban todos sentados a mesa na de Barral, que ali ponse marisco po lo menos o mismo presio e de por parte o amo tamen paja os impuestos.
'?Houbo beneficios ou houbo perdas? ¿Se houbo beneficios pa quen seran? Pa os naseiros que nin deron pancada nin rejalaron a mercansia. E se houbo perdas quen as vai pajar? Nos, que e igual que disir o consello ou Tourgalicia que pa iso levaron o encargado de pregonero. E tampouco se pode vir co conto de que foi unha gran festa para a ganansia de turistas, por que por muito que dija o `Faro a pouca sente que se suntou ali este ano, paresme a min que non volve pa outra. Si non sa o veremos. polo momento alguien tera que dar as contas ofisiales, dijo eu. Iso tamen o veremos, si dios, Millan e mais Carlos Veiga queren.
Non sei que pasa neste pueblo coas festas gastronomicas, pero da festa da chuleta xa falaremos cando veña o tempo da feira da Xunqueira de Carlos o do Palito ala polo mes de marzo, que esa si que e boa Vilaboa.

15/08/2007

A festa do naseiro en Moaña

Viña Manolo o de Ines este medio dia feito uhna chispa por ai abaixo. Disque viña da festa do Naseiro que este ano se fixo en Reibon. Coma os naseiros xa non traballan en Meira por que van vendelo peis a Vigo, veu Genucho, o telefonista do alcalde e toda a comparsa, e puxeronse de camareros e cosiñeiros, porque por parte do sector, como se di aora, non se ve muita ansia. Pero volvendo o conto Manolo viña rabioso como gato escaldado polos precios da mercansia que ali se vendia. Fixadevos ven. A empanada de bogabante a 30 euros, que son cinco mil pesetas das de antes, e os bogabantes vojaban tan abante que ali no medio de tanta sebolada solo se mirabase de cando en ves uhna luriña collida na seca da Xunqueira. Tamen habia tapas de pulpo, pero de jrandes coma as que pon o sapateiro, por que disir tapas de comer é muito, mais ben eran catro toriños de raxo a xogalo tute por 8 euros. E asi todo polo estilo. Uhha fame negra e un atraco. Non foi de estrañar que muita sente chegara e solo mirar a folla dos precios collera o camiño de volta. O final non chegaban a sincuenta os que ali se xuntaron, contando o alcalde e toda a tripulasion, que pa estes choios sempre anda moi avisada. Toda sente daqui porque os madrileños como os da casa de Enrrique, nada que este ano veñen sin chica, co xusto pa comprar o arros e o colacao no supermercado un dia si e outro non. A verda que con estes precios tan pouco populares non e raro que os do conxello, os principales artifices da mobida, como lle chaman aora os chavales, lles paresa mui normal que un traballador cobre 500 euros o mes. E e que alguns viven nas nubes.

Eu xa lle dixen a Manolo que non se preocupara que o domingo que ven, se sa ando ven desta perna questes dias me anda a rillar, quedaba invitado no Bajamar que ali o colega pon unhas tapas como e debido polo mismo presio e ademais paja impuestos ao auntamiento.

No dia da Asuncion


Un dia tan santo coma o de hose que os do Baticano de Roma, non os do Baticano d a rampa de Ramona onde se reune a tomalos chiquitos o Suso Franco, Lano e toda a santa sede, lle chaman da Asunsion, tamen queria celebralo aqui no blo e non quiria olvidarme de don Donato que en pas descanse pa sempre jamas. Algun dia falaremos deste home de negro como e devido e coa devida debosion que se meres. Que tempos aqueles das misas solenias, dos discursos no pulpito chamandonos de todo. Que boiño eras e oque te perdeches e o pior de todos o que lle fiseches perder a toda a nosa moceda cos teus asoujasos e requilorios. Pero aora queroche render omenaxe en recordatorio da tua dilatada traietoria, como din os politicos. Por iso mandoche desde aqui arriba, por que ti sejuro que estas ai en baiso no inferno, esta estampita del niño Jesus fasendo das súas que encontrei remexendo no google poñendo Moaña, pa que te deas conta que non serviron de muito as tuas plagas e que a xente segue aqui cos mismos visios de sempre, O unico que cambiou é que nin ti nin o teu compadre Paco Pisiñas estades entre nos. amen.

O jato metido no saco

Onte fun a vetrinaria do Real como quen vai o medico. Non fun levar nin o porco nin a burra, que eses animales sa non ai nas casas, fun coa miña neta a lebar a mascota. Chamanlle mascota a un rato blanco que teñen nunha xaula. Eu a verda sempre preferín os cans de palleiro e asta aqueles gatos grisallos e raiados, antes de que se puseran de moda os gatos de pelo largo, corto, e de todos os colores. E aora veu Millán co aquel do chinito Chancaiché que disia: tanto ten gato blanco ou negro o prinsipal e que cace ratos e privatiza a tripulasion dos barrendeiros de Moaña. Eu a verda e que non teño nada contra os chinos, pero c ontovos que unha ves en Pontevedra fun a uhna tienda dos chinos e comprei un radio para escoita los partidos o domingo pola tarde cando ando a pasiar polo aterrado e non me durou nin unha semana. Meu senro que ainda sabe algo de ingl-es leu no papeliño que quedou na caisa e dicía que para reclamar tiña que ir a Joncon. Sa estou a mirar a o Meiriña a quitalo billete do avion.

03/08/2007

O rei sol

Hoxe tocoume outra vez coa neta, pero desta tuven mais sorte. Dali a pouco de marchar en os pais adormeceu. Como non tiña mellor que faser collin a rumbo un dos libros que ten o meu senro do estante. Era de h istorea. Entrei por Luis catorse de Fransia que tamen lle chamaban o rei sol. Daquela estabase nos tempos da monarquia absoluta, que debian ser tamen os de Maria casta´ña. Aquel homiños despois das moitas reviravoltas que da a vida dun rei, fixose case o dios de Versalles.. Leas pelexas, batallas e o final trunfou.

Desde a quela se botamo la conta xa pasaron mais de 200 anos. Polo medio veu a revolusion francesa e seguido a democrasia dos parlamentos que chegou asta mismo aora, na epoca da globalisasion. Seino porque me din de conta que o libriño acababa nese capítulo. E mira ti por onde eu pensaba que tiña que ver cos glovos de aire que nos venden os políticos modernos, pero polo que se mirou quiria disir que colle toda a terra, que os mariñeiros sabmos mui ben que e redondiña como unha pelota.

E encanando un pensamento con outro, como quen fai unha sesta de vides daquelas que levaban antes as mulleres na cabesa, fixen de contas, non vos asustedes, de que os politicos de moda pares que se sentan a direita de dios padre, teñen un aquel co rei Luis. E como si viviran noutro planeta ou no sol mellor dito e de cando en ves mandanos un raio que de primeirs asta pares que nos deisa cegos. Que si 2500 euros pa os pais qe teñan un fillo que si aguinaldo para o pai que queda na casa de niñero. E todo iso pa darlle mais ansia de ter fillos as familias que no tocante a isto non lles pares que estea o forno pa encher a casa de sente. Todos sabemos que iso non vai servir pra solusionar o problema de que cada ves asa mais vellos cobrando pensións e menos sente a traballar pa pajalas. Outra cousa e que poda aber algun tolo da cabesa que pa pajar a entrada do coche se poña a faser fillos. E aquilo de darlle outro aguinaldo ao pai que se pon de niñero. ¿e non habera o caso que cobre el e despois lle meta o entullo a muller? ?Vai poñer a xunta a asesar detras das portas as visiantas da cofradia de Meira? Sejuro que non por que estas alegrias son como raios do sol do poder absolutista que fai a politica da ropañota, desde ali enriba. E pa mais desgracia a mor parte dos de abaiso que tamen se cren mui listos, comen e calan. E non e que estea contra destas asudas pero paresme que para faser a pulitica da ropañota sobraban os ministoras e conselleiros do benestar, e habia que poñelos a travallar nas ofisinas do bendar.

E aora ven o final do conto. A que non sabedes de que morreu o gabacho do rei Luis. Pois dunha fogada de sol que tamén lle chaman insolasion. Tamos no vran e hai que botar crema, muita crema, que non avisan doutra cousa na televisión.

29/07/2007

Contos de senpre

Onte a noite quedei na casa coa neta peqena. Ten dous anos cumplidos e os pais marcharon de copas como lle chaman aora ao de ir de ruada. Pasaban das doce e a nena non adormesia asi que apañei un conto, entre omonte de libros que teñen na casa porque o meu senro e moi estudiado. Cadrou que era o de Carapuchiña Vermella, que eu aos meus 66 anos inda pensaba que era caperucita. Son as miserias da inorancia que temos da nosa fala e da pouca escola que tuven por desgrasia . E chamoume a atencion outra cousa por que a Carapuchiña non andaba polo monte, nin vivia nunha casiña no campo. Contovos: resulta que vivia nun puebliño, coas suas calles (ben oscuras elas) e o lobo andaba nun coche que cando sendia os faros metia medo. Ao cabo, a neta non durmiu ata as 2 da mañan e os pais ainda non chegaran. Vaia noite.
O caso que o sabado pola mañan fun a taberna do meu compadre Lucho e falando, falando, mira ti por onde chegamos outra ves ao conto de marras. Qedei apanpanado. Ali estaban todos os condimentos como din os cociñeiros para un conto de medo. Que si o lobo, que si a rapasa, que si un coche, e aquilo pasaba en Moaña e o desjenerado do que traballaba de lobo era tamén de Moaña. Solo vos direi que por diante pares moi gabacho como eses vendedores que cheveñen pola porta muitas veses a vender libros.E non quero seguir co conto aora porque isto ten suspense. Algun dia este disque sairaa lus e cando iso pase vouvos volver contar cousa por cousa o que hose escribin espantado no CADRO.
E vos ben verda que os vellos contos nunca morren. E non vaiades pensar que son solo para os mais pequerrehcos.

28/07/2007

O manifestodromo de MOaña

Antes de andar nos ofisios baixos navegei polos sete mares. Tamén fun tripulante do trasatlantico Begoña , polos anos sesenta e tantos. Recordo que fiseramos alguns viaxes po lo Brasil e Sao Paulo. Como chegamos aquel ano polo mes de avril tuvena sorte de estar no carnabal, no sitio que lle chaman o sambodromo. Aquelas rapazas morenas a bailar, !quen tuvera vinte anos outra vez, a gloria bendita!. Pero non vos vou falar hoxe de sambodromos., querovos falar de manifestodromos. Aora temos un a porta do concello. Primeiro foi a rapaza das tarteiras e despois como temos aquela erbiña,veña de acampada¡. Aquel omiño dia e noite non sale dali. Loxico porque non hai dereito, Traballar por 500 euros o mes e que te traten coma un can. Non hai dereito. Din os disques que anda o Meiriña o do sindicato enfurruñado con Millan. Tiña que ser porque sacou os barrendeiros do concello para metelos nesa enpresa que se chama Urbaser que asta pares que ven do Congo belga como diria o Tonecho. Por que para ese vias mellor que coa privatización aranchabamonos cos da casa. Iso si que é barrer pa debaixo da alfombra. Ou non sa´bia que URB ASER eran uns chupóns a conta dos traballadores. ¿Enton non nos acordamos dpo que lle pasou a Valentin Piñeiro o segundo de a vordo hai atras con eses mismos piratas¿. E aora espera un pouco que con eses sueldos de miseria non seria de estrañar que o resto dos obreros se pusera en folga ou unha cousa paresida. Por menos, cando andaba no Gransol tuvemos as de cain co armador que o oubemos de tirar o mar no muelle de Marin. Daquela Aboi ainda era un rapas pero acordarase.
Como iba dicindo que esa placiña tan bonita con banban s paos nenos e tan verde vai camiño de convertirse no manifestodromo de Moaña. E iso esta ben porque os traballadores cando estes miserables empresarios nos dan cun pandullo nos fuciños, non podemos quedar na casa a moer e remoer como as bacas na corte, somos personas de carne e jueso e o mellor que hai neste mundo e a solidarida.

21/07/2007

?Onde estába o concelleiro de cultura?



Hox mismo leo no FARO que o alcalde pidiulle a o encargado de Caixa nova que lle mandaran un balé ruso para facer un festibal no palco da musica do aterrado. Pero eu preguntome se ese ofisio non lle toca o concelleiro de cultura. Pois para algo estára, digo eu. Este rapas de Beluso pares que solo quer apareser el na foto. Pero, digo eu si os demais non valen nin para botar unha firma que vai pensar a sente da clase de governantes que temos. Ou sera que Millan quere disir a misa e tocalas campanas tamén, fasendo de de alcalde e de concelleiro de cultura o mesmo tempo.O outro dia tamen vin no faro que o concelleiro de urbanismo salía na foto, pero alí quen levaba a vos cantante era o alcalde. Pro non quero segir por que ides a pensar que teño algo contra os do bloque , pero as ratas deste pueblo non están nese partido. Xa savedes oonde. De momento deixo aqui unha critica costrutiva antes de que as cousas se empecen a revirar antes de tempo.
E nada mais por hose.

20/07/2007

volvemos porque é necesario

Non vos asustedes, Sebastian Juncal volve ás andadas, seica quere volver á política, mirástelo ese outro dia no faro como representante dos empresarios do morraso?. Pois ben, o caciquismo non descansa, e non sei si é porque os do bloque deportaron a Abalo para Santiajo, pero o caso é que o personaxe quere volver.
Falando de Abalo, que gran personaxe, que capacidade política, non hai nen haberá no bloque outro que o iguale. Que juapo iba na procesion do Carme ao lado de Julio o barbeiro que levaba juantes blancos para ajarrar a bandeira... Aqueles eran tempos e non estes.
Volvendo a Sebastian o xeniño, din que os do pp andan preocupados porque se está a formar un partido novo que non está dacordo co pepe o ferrol. Pepe contaria cos apoios de Carlos Trigo dentro do jrupo municipal e co gran aporte de Sebastian na sombra. Javier Abal xa non o apoia pois está farto de que sempre vaian a tomar as fechas ao mingueu.
Pero xa vos dixen eu que non vos preocuparades que veu o rapas este de Beluso e xa todo queda arrejlado, menos mal que veu senon que seria de nós, e sobre todo que seria de todos os do bloque que traballan no Axuntamento que son bastantes, pero que pasa os outros non fixeron o mismo , home pois non se pode ser parvo.