15/08/2007

A festa do naseiro en Moaña

Viña Manolo o de Ines este medio dia feito uhna chispa por ai abaixo. Disque viña da festa do Naseiro que este ano se fixo en Reibon. Coma os naseiros xa non traballan en Meira por que van vendelo peis a Vigo, veu Genucho, o telefonista do alcalde e toda a comparsa, e puxeronse de camareros e cosiñeiros, porque por parte do sector, como se di aora, non se ve muita ansia. Pero volvendo o conto Manolo viña rabioso como gato escaldado polos precios da mercansia que ali se vendia. Fixadevos ven. A empanada de bogabante a 30 euros, que son cinco mil pesetas das de antes, e os bogabantes vojaban tan abante que ali no medio de tanta sebolada solo se mirabase de cando en ves uhna luriña collida na seca da Xunqueira. Tamen habia tapas de pulpo, pero de jrandes coma as que pon o sapateiro, por que disir tapas de comer é muito, mais ben eran catro toriños de raxo a xogalo tute por 8 euros. E asi todo polo estilo. Uhha fame negra e un atraco. Non foi de estrañar que muita sente chegara e solo mirar a folla dos precios collera o camiño de volta. O final non chegaban a sincuenta os que ali se xuntaron, contando o alcalde e toda a tripulasion, que pa estes choios sempre anda moi avisada. Toda sente daqui porque os madrileños como os da casa de Enrrique, nada que este ano veñen sin chica, co xusto pa comprar o arros e o colacao no supermercado un dia si e outro non. A verda que con estes precios tan pouco populares non e raro que os do conxello, os principales artifices da mobida, como lle chaman aora os chavales, lles paresa mui normal que un traballador cobre 500 euros o mes. E e que alguns viven nas nubes.

Eu xa lle dixen a Manolo que non se preocupara que o domingo que ven, se sa ando ven desta perna questes dias me anda a rillar, quedaba invitado no Bajamar que ali o colega pon unhas tapas como e debido polo mismo presio e ademais paja impuestos ao auntamiento.

Um comentário:

Anônimo disse...

yuhuu festa do naseiro

un saúdo dun emighrado a Canghas!