31/08/2007

A licion do barrendeiro

Uhna boa licion deu o barrendeiro que se puxo a faselo campin diante do conxello de Moaña. Mentras alguns calaban, os fachas, outros non disian nada, os que tiñan a culpa. Aprivatisaxion da dos barrendeiros para poñelos en mans das Koplobich fixose daquela maneira e todos estaban dacuerdo. ?Pero onde quedaban os traballadores? Menos mal que o sindicato puso as cousas no seu sitio, porque a alguns fan coma os novos ricos ensigida se lle sube o pder a cabesa.
Muito tuvo que sufrir este home. Uns que si era un vagamundo, outros doidos pola erbiña que disque estaba a estragar. Como non iba a ser asi, disian todos os da comparse, si asi son todos os que traballan no auntamento di Moaña, en todos os auntamentos de todas partes e o final todos os traballadores do mundo que e como disir todos os que poñen o peis na mesa, os que fan as carreteras e as casas, os que curan, os que cuidan os vellos, todos todos.
Pero as cousas son coma son e de cando en ves como pasou aora, tamen como teñen que ser. Con xusticia. Esperemos que alguns aprenderan a lision. unha boa lision tamen pa aqueles que se chaman compañeiros e ajachan o curqueiro cando o patron lles anda a bater no lonbo.Vivan os traballadores unidos.

24/08/2007

O mellor das festas do Carme 2007



Di meu neto que me puxo este video aqui no blo que lle poña unhas palabriñas. aora me acordo que meu pai disía: Cando veña a ajua antes co vento, prepara o aparello a tenpo.
O malo e que con tanto coche por todos os lados o final non vamos caber., e ainda o pior seria que algun burrican se lle ocurrise botar mais terra na riveira pa faser mais aparcamentos, que habelos hainos.

17/08/2007

A voltas coa via rapida

Salen no FAro hoxe os alcaldes e a alcaldesa do Bloque no Morrazo pa falar da via rapida, e paresme mui ben. Esa obra que foi un estrago pao monte sa se sabia que iba dar problemas. De momento xa vemos este vran as colas que se forman e menos mal que non fiso muita calor, que aquilo e morrer. Canta mais autovia mais coches e conseguimos quitar o peaxe de RAnde pa nos e veñen tanmen mais coches. E o pior e cando se ten que salir do corredor ou via rapida ou como quer que a chamen, de repente xa estamos outra ves nos camiños de carro de sempre pero cun pouco de pichi por riba. Asi e como traballaban os de don Manuel, tira pa diante que hai que gastar da rasion que nos mandan de Bruselas. Por iso unha cousa que hai que poñerse dacuerdo e si primeiro queremos que o corredor teña un carril mais de ida e outro de volta ou si antes de nada hai que poñer en condisións as carreteras do Morrazo e tamen o que se chama as cincunvalasions.
Por que si queremos que veña o turismo non vaia ser que a sente entre por uhna porta e salga por outra sin faser chica de jasto, que diso non e do que se trata. E pa nos tamen, os que vivimos aqui nesesitamos que un coche poida andar polo medio de Cangas e que isto se organise doutra maneira pero contando co Morraso, porque estes da Xunta do Touriño son coma os outros que cando estaban no poleiro cajaban pa baixo, que pao caso é onde estamos nos, os visiños de Cangas, Bueu, Moaña e Marin. !A! e tamen Vilaboa que todo o mundo se olvida deles a ultima hora menos pa iso. E si non mirade como teñen a carretera comarcal. Pero desa sa falaremos outro dia.

16/08/2007

as contas de vella na Festa do naseiro

1200 necoras a 3,50 euros ----------------> 4200 euros
300 racións de camaron 15 euros ---------> 4500 euros
400 racións de pulpo 8 euros --------------> 3200 euros
500 racións de empanada:
400 non de marisco 3 euros --------------> 1200 euros
100 de marisco 5 euros --------------------> 500 euros
--------------------------------------------------------
En total ----------------------------------> 13400 euros

Fixemos estes numeros na taberna contando o que di o Faro. se e asi suntarian se 13400 euros o que veñen sendo dous millons e un cuarto das pesetas de antes, sin contar o que se ganou co viño c os cases e co pan que por serto, pedian por duas codias 1 euro.
Todos estes numeros é mintira como case que todo o que di o faro todos os dias, por que non se achejaron a Reibon mil personas pa chuchar na cantida de necoras que disque se venderon, poño por caso.
Quen fixo caixa fijo foi o forno de meira que se encargou das 100 empanadas da festa.
Pero o mellor do conto e que os naseiros, sejun me contou o meu compadre Lucho, a ora de comer estaban todos sentados a mesa na de Barral, que ali ponse marisco po lo menos o mismo presio e de por parte o amo tamen paja os impuestos.
'?Houbo beneficios ou houbo perdas? ¿Se houbo beneficios pa quen seran? Pa os naseiros que nin deron pancada nin rejalaron a mercansia. E se houbo perdas quen as vai pajar? Nos, que e igual que disir o consello ou Tourgalicia que pa iso levaron o encargado de pregonero. E tampouco se pode vir co conto de que foi unha gran festa para a ganansia de turistas, por que por muito que dija o `Faro a pouca sente que se suntou ali este ano, paresme a min que non volve pa outra. Si non sa o veremos. polo momento alguien tera que dar as contas ofisiales, dijo eu. Iso tamen o veremos, si dios, Millan e mais Carlos Veiga queren.
Non sei que pasa neste pueblo coas festas gastronomicas, pero da festa da chuleta xa falaremos cando veña o tempo da feira da Xunqueira de Carlos o do Palito ala polo mes de marzo, que esa si que e boa Vilaboa.

15/08/2007

A festa do naseiro en Moaña

Viña Manolo o de Ines este medio dia feito uhna chispa por ai abaixo. Disque viña da festa do Naseiro que este ano se fixo en Reibon. Coma os naseiros xa non traballan en Meira por que van vendelo peis a Vigo, veu Genucho, o telefonista do alcalde e toda a comparsa, e puxeronse de camareros e cosiñeiros, porque por parte do sector, como se di aora, non se ve muita ansia. Pero volvendo o conto Manolo viña rabioso como gato escaldado polos precios da mercansia que ali se vendia. Fixadevos ven. A empanada de bogabante a 30 euros, que son cinco mil pesetas das de antes, e os bogabantes vojaban tan abante que ali no medio de tanta sebolada solo se mirabase de cando en ves uhna luriña collida na seca da Xunqueira. Tamen habia tapas de pulpo, pero de jrandes coma as que pon o sapateiro, por que disir tapas de comer é muito, mais ben eran catro toriños de raxo a xogalo tute por 8 euros. E asi todo polo estilo. Uhha fame negra e un atraco. Non foi de estrañar que muita sente chegara e solo mirar a folla dos precios collera o camiño de volta. O final non chegaban a sincuenta os que ali se xuntaron, contando o alcalde e toda a tripulasion, que pa estes choios sempre anda moi avisada. Toda sente daqui porque os madrileños como os da casa de Enrrique, nada que este ano veñen sin chica, co xusto pa comprar o arros e o colacao no supermercado un dia si e outro non. A verda que con estes precios tan pouco populares non e raro que os do conxello, os principales artifices da mobida, como lle chaman aora os chavales, lles paresa mui normal que un traballador cobre 500 euros o mes. E e que alguns viven nas nubes.

Eu xa lle dixen a Manolo que non se preocupara que o domingo que ven, se sa ando ven desta perna questes dias me anda a rillar, quedaba invitado no Bajamar que ali o colega pon unhas tapas como e debido polo mismo presio e ademais paja impuestos ao auntamiento.

No dia da Asuncion


Un dia tan santo coma o de hose que os do Baticano de Roma, non os do Baticano d a rampa de Ramona onde se reune a tomalos chiquitos o Suso Franco, Lano e toda a santa sede, lle chaman da Asunsion, tamen queria celebralo aqui no blo e non quiria olvidarme de don Donato que en pas descanse pa sempre jamas. Algun dia falaremos deste home de negro como e devido e coa devida debosion que se meres. Que tempos aqueles das misas solenias, dos discursos no pulpito chamandonos de todo. Que boiño eras e oque te perdeches e o pior de todos o que lle fiseches perder a toda a nosa moceda cos teus asoujasos e requilorios. Pero aora queroche render omenaxe en recordatorio da tua dilatada traietoria, como din os politicos. Por iso mandoche desde aqui arriba, por que ti sejuro que estas ai en baiso no inferno, esta estampita del niño Jesus fasendo das súas que encontrei remexendo no google poñendo Moaña, pa que te deas conta que non serviron de muito as tuas plagas e que a xente segue aqui cos mismos visios de sempre, O unico que cambiou é que nin ti nin o teu compadre Paco Pisiñas estades entre nos. amen.

O jato metido no saco

Onte fun a vetrinaria do Real como quen vai o medico. Non fun levar nin o porco nin a burra, que eses animales sa non ai nas casas, fun coa miña neta a lebar a mascota. Chamanlle mascota a un rato blanco que teñen nunha xaula. Eu a verda sempre preferín os cans de palleiro e asta aqueles gatos grisallos e raiados, antes de que se puseran de moda os gatos de pelo largo, corto, e de todos os colores. E aora veu Millán co aquel do chinito Chancaiché que disia: tanto ten gato blanco ou negro o prinsipal e que cace ratos e privatiza a tripulasion dos barrendeiros de Moaña. Eu a verda e que non teño nada contra os chinos, pero c ontovos que unha ves en Pontevedra fun a uhna tienda dos chinos e comprei un radio para escoita los partidos o domingo pola tarde cando ando a pasiar polo aterrado e non me durou nin unha semana. Meu senro que ainda sabe algo de ingl-es leu no papeliño que quedou na caisa e dicía que para reclamar tiña que ir a Joncon. Sa estou a mirar a o Meiriña a quitalo billete do avion.

03/08/2007

O rei sol

Hoxe tocoume outra vez coa neta, pero desta tuven mais sorte. Dali a pouco de marchar en os pais adormeceu. Como non tiña mellor que faser collin a rumbo un dos libros que ten o meu senro do estante. Era de h istorea. Entrei por Luis catorse de Fransia que tamen lle chamaban o rei sol. Daquela estabase nos tempos da monarquia absoluta, que debian ser tamen os de Maria casta´ña. Aquel homiños despois das moitas reviravoltas que da a vida dun rei, fixose case o dios de Versalles.. Leas pelexas, batallas e o final trunfou.

Desde a quela se botamo la conta xa pasaron mais de 200 anos. Polo medio veu a revolusion francesa e seguido a democrasia dos parlamentos que chegou asta mismo aora, na epoca da globalisasion. Seino porque me din de conta que o libriño acababa nese capítulo. E mira ti por onde eu pensaba que tiña que ver cos glovos de aire que nos venden os políticos modernos, pero polo que se mirou quiria disir que colle toda a terra, que os mariñeiros sabmos mui ben que e redondiña como unha pelota.

E encanando un pensamento con outro, como quen fai unha sesta de vides daquelas que levaban antes as mulleres na cabesa, fixen de contas, non vos asustedes, de que os politicos de moda pares que se sentan a direita de dios padre, teñen un aquel co rei Luis. E como si viviran noutro planeta ou no sol mellor dito e de cando en ves mandanos un raio que de primeirs asta pares que nos deisa cegos. Que si 2500 euros pa os pais qe teñan un fillo que si aguinaldo para o pai que queda na casa de niñero. E todo iso pa darlle mais ansia de ter fillos as familias que no tocante a isto non lles pares que estea o forno pa encher a casa de sente. Todos sabemos que iso non vai servir pra solusionar o problema de que cada ves asa mais vellos cobrando pensións e menos sente a traballar pa pajalas. Outra cousa e que poda aber algun tolo da cabesa que pa pajar a entrada do coche se poña a faser fillos. E aquilo de darlle outro aguinaldo ao pai que se pon de niñero. ¿e non habera o caso que cobre el e despois lle meta o entullo a muller? ?Vai poñer a xunta a asesar detras das portas as visiantas da cofradia de Meira? Sejuro que non por que estas alegrias son como raios do sol do poder absolutista que fai a politica da ropañota, desde ali enriba. E pa mais desgracia a mor parte dos de abaiso que tamen se cren mui listos, comen e calan. E non e que estea contra destas asudas pero paresme que para faser a pulitica da ropañota sobraban os ministoras e conselleiros do benestar, e habia que poñelos a travallar nas ofisinas do bendar.

E aora ven o final do conto. A que non sabedes de que morreu o gabacho do rei Luis. Pois dunha fogada de sol que tamén lle chaman insolasion. Tamos no vran e hai que botar crema, muita crema, que non avisan doutra cousa na televisión.