12/10/2007

Pero dijo eu

Resulta que co conto do insendio serco da fabrica da Guia muitos moañeses nos enteramos do que se esta a faser ali. Resulta que se vai montar unha fabrica de pantalans naquelas istalasions que estaban case que en ruina desde que a conserveira deisou de traballar vai para ala case que trinta anos.
Pero dijo eu non esta pa iso o parque industrial de Castiñeiras, en ves de deixar poñer unha fabrica na ribeira, nuns terrenos publicos, que eran co permiso pa unha conserveira e cuns camiños pa chejar ali que non se poden comparar coa via rapida que sa se fixo pensando no poligono industrial do Morrazo.
Pero dijo eu de quen seran amijos os afortunados empresarios pa faser o que lle dea a jana cos terremos publicos que e como dicir de todos nos.
Pero dijo eu onde teñen os conselleiros de Moaña os 34 ollos, sa que sabemos que ningun esta sejo nin torto, pa non tocar as campanas avisando desta trapallada.
Pero dijo eu onde andaran as consellerias de medio ambiente, industria e costas todas xuntas e revoltas da Xunta e Revoltallo de Galicia.
Pa min que estamos diante doutra gran casicada, das de sempre, coa diferensia de que antes ainda habia partidos qui botaban contra os casiques e agora iso pares que sa pasou de moda.

Nenhum comentário: