17/08/2007

A voltas coa via rapida

Salen no FAro hoxe os alcaldes e a alcaldesa do Bloque no Morrazo pa falar da via rapida, e paresme mui ben. Esa obra que foi un estrago pao monte sa se sabia que iba dar problemas. De momento xa vemos este vran as colas que se forman e menos mal que non fiso muita calor, que aquilo e morrer. Canta mais autovia mais coches e conseguimos quitar o peaxe de RAnde pa nos e veñen tanmen mais coches. E o pior e cando se ten que salir do corredor ou via rapida ou como quer que a chamen, de repente xa estamos outra ves nos camiños de carro de sempre pero cun pouco de pichi por riba. Asi e como traballaban os de don Manuel, tira pa diante que hai que gastar da rasion que nos mandan de Bruselas. Por iso unha cousa que hai que poñerse dacuerdo e si primeiro queremos que o corredor teña un carril mais de ida e outro de volta ou si antes de nada hai que poñer en condisións as carreteras do Morrazo e tamen o que se chama as cincunvalasions.
Por que si queremos que veña o turismo non vaia ser que a sente entre por uhna porta e salga por outra sin faser chica de jasto, que diso non e do que se trata. E pa nos tamen, os que vivimos aqui nesesitamos que un coche poida andar polo medio de Cangas e que isto se organise doutra maneira pero contando co Morraso, porque estes da Xunta do Touriño son coma os outros que cando estaban no poleiro cajaban pa baixo, que pao caso é onde estamos nos, os visiños de Cangas, Bueu, Moaña e Marin. !A! e tamen Vilaboa que todo o mundo se olvida deles a ultima hora menos pa iso. E si non mirade como teñen a carretera comarcal. Pero desa sa falaremos outro dia.

Nenhum comentário: