14/09/2007

Onde estan as chaves

Cando xa pensabamos que este ano Moaña iba quedar sin cansión do vran, de repente volve aquela de Onde estan as chaves matarile na version do coro do conxello. E normal porque o que non e normal e que o alcalde marche coa chave da ofisina pas Canarias de vacasions. De quen desconfia o alcalde Millan, dos funsionarios, dos compañeiros de goberno, dos seus do bloque? Eche un pouco misterioso este rapas. De entrada deulle pe o Fervensa pa abrir a boca, que estaba mui caladiño desde que levou o nabo de ter que sentarse nos bancos da oposision.
O Pastorisa pares que non lle preocupou tanto o choio. Como el anda todo o dia o rolo cun ordenador deses de meter na maleta tanto lle ten. Monta a ofisina en calquera parte. Hasta no bar si fai falta que xa o teño visto eu a "despachar' con algun visiño.
Pa prosima Millan que faga como o barbeiro e deixe un cartel na porta do despacho que poña "cerrado por vacasions" e asi xa queda aclareado que o que queira cortar o pelo ten que esperar a que veña o alcalde de volta e listo.

13/09/2007

As voltas con costas

En primeiras non vos vou disir cousa nova sobre o Montenegro. Quen foi este ilustre personaje sa o sabe todo Moaña. Tiña mui boas influensias ala mui arriba, tantas que chegaban a Madrid e el bulia coma os ratos ajuaneiros naquelas fochas podres do franquismo que lle chamaban ministerios. Traballouno ben, pa iso era un cacique dos de verda e ademais estudiado. Pero alguns nesesitan meterse debaiso das andias na persesion pa faserse os santos,c ando todo o mundo sabe que muitos que compraron no edificio de salitre XA SABIAN que era unha ilegalida e aproveitaronse do conto. Lojo uns revenderon ou compraron mais tarde e hai ali familias ali que non teñen culpa de nada, iso é serto. Tamen hai outros que disque teñen propiedas. Que llo vaian contar o xues de turno que iso son cousas da lei. Pero o que esta aqui en retesia e o interes de todo o pueblo en mirar o mar a estribor e os intereses duns POUCOS visiños a bavor.. E desque teño uso de rason pa min as casas os traballadores temolas pa vivir nelas e non pa especular. Por iso non ahi ningun problema. Ninguien vai mandar aos visiños coas suas familias po camiño. Van seguir vivindo ai asta que o estado ou a xunta teña os cartos pa indenizalos, si lles sobran alguns dos que estan a jastar conprando Cortegada, Salbora, islas de Canarias e aquel hotel de Pontedeume e outros sitios polo estilo.
O outro dia sa lin que os de IMO andaban tamen a carresar po muiño pero coa saqueta libre. O final non se atrebian a disir nada, Nin que si nin que non, solo pidian informasion o consello e iso que andan na oposision. E dijo eu ¿non andara tan mansiño Eulosio pa non molestar o seu amijo Oscar Riobo, o telefonista dos empresarios, que pares que tamen ten aqui intereses da familia¿
E ajora pa acabar unha reflesion. Quen lle deu permiso pa construir detras do auntamento novo os heredeiros de Montenegro, que van sacar varios miles de millons no viase. Alguns choraban pola erbiña que estrajaba o barrendeiro, peso a ver que din cando enpesen a mirar o mostro que vai salir de ali atras.

10/09/2007

O deslinde de costas da seara


Anda Julia a do bar Moaña aljareada porque quer que lle tiren a proibision pa construir enfrente do seu negosio ou polo menos que lle dean os cartiños polo solar. Sa andou a darlle o rolo con Javier Barreiro pero non consejira nada. Aora todos os fachas da redonda meteron tamen en xogo o Riobo da libreria do Puntillon pa que mova o alcalde aproveitando que son amijos. O Millan que non e nada parbo, pusoxe ensegidiña a remexer e disque vai mandar un recurso a Madrid pa defender os intereses de todos os que teñen as casas a rente o mar desde a casa do mar o Salitre. Sa xabe el que non vai consejir nada pero polo menos vai ver si soseja de momento a comparsa que ooutro dia se reuniu no consello con Turito o frente.
Ai ahi moito que falar. Nuhna estrema temos un astillero que deixou de selo ai moitos anos e aora funsiona como almasen de madeira, e asta un parbo sabe que os permisos que se dan, por ejemplo pa ter unha batea pa criar o mesilon , si se dedica a outra cousa podenche tirar a consesion. Pero ai muito espabilado neste pueblo que pensa que en ves de ollos os visiños temos na cara croios da ribeira.
E pola outra estrema temos o edifisio do Salitre que o quinqui delincuente Garcia Villar vai pa ala máis de vinte anos co permiso de faser dous pisos e o final meteulle catro e unha jardilla. E os que compraron ali muitos foi de mala idea aconchabados co quinqui delincuente, fasendolle un desafio o alcalde que daquela era Abalo pa ver si tiña o aquel de botar unha familia fora da casa na que se meteran a correr pa dentro.
E aora andan a estrapusar no FAro e a buscar a solidarida dos visiños ou a compasion ou non sei que. Alguns dos cabesillas que andan en rojativas aora hai uns dias a botabanlle merda a sestas porriba a o barrendeiro que disque estrajaba a erba do xardin do concello. Arre carallo cos comenensiudos deste pueblo.