05/10/2007

Menos mal que nos quedan os arbañiles

Namais chega ren a casa, porque estes dias estuven no sanatorio por unha perna que teño mal, deronme as ganas de poñer algo aqui dos arbañiles que andan estes días en folga por Vigo adiante. Farteime de ler esta temporada nos faros, nas revistas e asta nalgun libro dos que me traia o meu neto. Evos un escándalo o do dereitoso Sarcocy. Non solo ganou as elecions si non que tamen meteu a bordo do goberno aos socialistas e algun dos comunistas de antes. E o galo do galiñeiro franchute. Quere isto disir que ali, xa non e coma antes nos tempos da radio pirenaica. En Francia xa non hai revolucionarias nin aqueles politicos e periodistas e asta filosofos que lin nos libros como Sartre, Camus, San Esipery, e muitisimos outros. Agora a moda é ser como os americanos, como os yanquis de Bush: xubilarse mais tarde, reforma laboral, menos vacasions, pribatisasions,... ensejida aterriso aqui e resulta que o rapas de Aldan, que se chama David Cal, que janou un feis de medallas nas olimpiadas, non hai quen lle faja caso. Nin as empresas, nin a xunta. Ainda outro dia morreu como un heroe o Paquito Fernandes Ochoa, aquel que andaba a esquiar e gañou solo unha medalla de bronce. David ganou duas nunha olimpiada, unha de OURO e outra de PLATA, o que non conseguiu nunha na historia ningun deportista español. E a conselleira da Xunta que tiña que andar cunha escoba de sestas a barrerlle o camiño por onde pasara este home, anda mui ocupada nas senas pa ver que fan co nicharo que fiso Fraga en Santiajo.
Non, e o que dijo eu. o mellor que podia faser o david cal era matar se en calquera volta da carretera unha noite vindo dhna fuliada. Habiamos de ver os homenases, discursos e choreiras de todo dios. As veses penso que o mellor que se pode faser neste pais e marchar po outro barrio pa que te respeten como se fai con Castelao e Rosalia de castro, por ejemplo. Menos mal que nos quedan os arbañiles, xente onrada e traballadora , pa disir que ainda estamos aqui.

Nenhum comentário: