15/10/2007

Empesou a guerra subersiva en Moaña


Esa noite botaron pa fora os bijotes as ratas. Habia ser que se aljariaron por culpa do do día da festa da rasa e puseron bunitos os muros de Moaña. Andan un pouco desesperadas coa toupeira que teñen a cabesa., pur iso colleron outro camiño, qui tamen en pulitica se chama tatica subersivaa. Unhas ratas pasaron a clandestinida, a faser estropisios nas paredes (o frente militar), outras encarjanse de escribir no Faro (o frente cultural) e outras son as que andan a rebentar os plenos do conxello (o frente pulitico). E un camiño a mar de pilijroso por que di momento a guardia sivil, seica anda a investijar a letra das pintadas e desde que miramos o CSi pola television, onde poñen u ollo poñen a bala. Sera pur iso que algun sa anda coa man escayolada con efetos retrotivos por se ascaso,...

12/10/2007

Pois vai ser que non

Anda o Pastoriza que non lle cabe un feixon porque saliu un monte de veses no FAro a conta do das chaves. A quen non lle justou nada como acabou o conto foi o Fervensa que este dia botaba no Mingueu pestes contra o Pastorisa e o menos que lle chamaba era cobarde e sinverjuensa. O parlamentario din as malas lenguas sa tiña a tina do sanjre preparada pa faser unhas boas filloses neste Sanmartiño. Pois vai ser que non. Nin Millan vai cortarse a man direita como penitensia, nin Pastorisa lle vai pedir tal cousa. A fin de contas o animador da orquesta socialista sa consejiu o que queria: impoñer a sua personalida diante do pueblo, por si algun pensaba que estaba no goberno pa lusir a americana. Que tamen.

Pero dijo eu

Resulta que co conto do insendio serco da fabrica da Guia muitos moañeses nos enteramos do que se esta a faser ali. Resulta que se vai montar unha fabrica de pantalans naquelas istalasions que estaban case que en ruina desde que a conserveira deisou de traballar vai para ala case que trinta anos.
Pero dijo eu non esta pa iso o parque industrial de Castiñeiras, en ves de deixar poñer unha fabrica na ribeira, nuns terrenos publicos, que eran co permiso pa unha conserveira e cuns camiños pa chejar ali que non se poden comparar coa via rapida que sa se fixo pensando no poligono industrial do Morrazo.
Pero dijo eu de quen seran amijos os afortunados empresarios pa faser o que lle dea a jana cos terremos publicos que e como dicir de todos nos.
Pero dijo eu onde teñen os conselleiros de Moaña os 34 ollos, sa que sabemos que ningun esta sejo nin torto, pa non tocar as campanas avisando desta trapallada.
Pero dijo eu onde andaran as consellerias de medio ambiente, industria e costas todas xuntas e revoltas da Xunta e Revoltallo de Galicia.
Pa min que estamos diante doutra gran casicada, das de sempre, coa diferensia de que antes ainda habia partidos qui botaban contra os casiques e agora iso pares que sa pasou de moda.

Isto esta que arde

A semana pasada foi en Cangas, en Montecarrasco que ardeu o monte por catro ou sinco sitios a un tempo. E esta semana temos un en Moaña, na Jandra, e onte outro mais en Meira, pa parte da Guia. Dase a casualida que todos teñen pinta de ser feitos a posta e non no medio do monte, si non a rente as casas. Isto da que pensar.

Anda ai o Euloxio


A Euloxio non o quiso Millan no goberno e por iso non iba quedar calado. Sa o temos ai a faser arruido. Ademais conta cun asesor politico da catejoria de Candido o Manchado qui era o que andaba co coche dos altavoses nas visperas das elesions a disir: bota por nos an que nas outras botaras por uns ou polos outros. O final non saliu, solo saliu Euloxio qui ten muita percha, pero que nesesita que no carro algen lle ande a rascar os fondos da chalana. E asi foi como o Manchado non se lle ocurriu faser outra cousa que segir co reportaje que puseran nun libriño mui bunito cheo de afotos as ratas nas elesions pasadas. Vamos ver que resultado lles da, por que as veses pares que rason non lles falta.

10/10/2007

O canastro


Mentres estuven no Povisa axuntoume meu neto un monte de cousas pa ler. Onte tocoulle o turno o Canastro, que como sabedes e a revista da asociación de visiños de Berdusedo. Foi unha gran alegria por que nese barrio teño un feis de bos amigos e algunha familia. Quero felisitar a todos os que fan o Canastro pero espesial a Luis Chapela. ¡Quen o diria¡ pasou de seren o máis grande rachapedras do barrio a o pregonero ofisial de Moaña. Ainda me acorda da finada da miña tía Rosa fasendo juardia no quinteiro, nunha man a escoba de sestas e noutra o manco do lijon, cada ves que asomaba as orellas aquel jaliñan. Masans, pisejos, e asta aljun polo, todo lle valia, sejuramente pa faser algunha selebrasion cos amijos.
Aora devolvenos no Canastro a dous personases ilustres de Moaña e de Berdusedo: a Xesús Pidre, fusido de Franco que vive en Bruselas e o Jalán, poeta dos pasaros, que descanse en pas. Sa temos mais dous motivos pa estar os moañeses un pouco máis orjollosos de nos mismos.
E inda que cun pouto de retraso: muitas gracias Luis, muitas gracias a sosiacion de visiños, e a sejir por ese camiño.

06/10/2007

A niñada


?Onde andan as ratas deste pueblo? preguntaba un que paresia un pouco preocupado. Mui fasil: nas alcantarillas, medrandro e collendo forsa arrente o sudre. ¿Pro que non salen pa fora?, preguntaba outro. pois por que ainda estan criando a peluse e non lles estirou o rabo e os bijotes sufisiente. Pero o outro día, paresme que vin unha delas, disia un que pasaba por ali. Salia no Faro e botaba contra os consellales polo que cobraban. Non era unha rata home, dixenlle eu, era unha toupeira. Claro ahora entendo que non anden a roer polo dia, contestoume un que andaba a andar por ali.
E o problema que teñen, quisenlle esplicar eu, primeiro non teñen diretor da comparsa (e unha toupeira seja) e alguns ala en Santiago e tamen a tripulasion de Moaña sa se empezan a desesperar por que levan desde as elesions sin rillar unha codia. Menos mal, me diso outro que viña do Con, que teñen o Faro, que de cando en bes preparalles os aparellos pa ver si pescan algo no revoltallo. ¿Qui revoltallo, falas ti¿, preguntou un dos que estaban sentados no banco do paseo. E que os de Millan son tan liseiros de man que cada vez que fan un lanse as pesas quedanlle enleadas na pedra. E despois sa se sabe, hai que cortar polo san, contestou. Enton van ser catro anos mais tranquilos que en Trigas, dixo un pequenote da Plaia que non quixo quedar sin meter basa. Oh, non te fies, dijsenlle eu, se non son uns seran outros os que fagan a festa. Sinon o tempo. Igual o lider da oposision ven doutra niñada, e non de toupeiras presisamente. Asi acabou o parlamento desta mañan. E con estas fomos pa comer que sa eran case que a uhna e media.

05/10/2007

¿Quen vai pajar o pato?

Escoitei o ruseruse no club de jubilados da Seara que co das chaves da ofisina do alcalde alguen vai pajar o pato. Disque os de Pastoriza xa lle puseron presio pa sejir no goberno sunto cos do Bloque. Queren unha cabesa. Estes ´dias anda mui enleado o alcalde, desfollando a marjarita, que si que non,.. pero o final pares que vai ser que si. Algun prosimo a el vai ir direito po matadeiro. De momento pares que anda desaparesido, sejuramente fasendo penitensia antes de poñela cabesa na jillotina. Alguns asta din que non cheja o san Martiño. Son cousas que pasan por andar a enredar cunhas chaves.

Menos mal que nos quedan os arbañiles

Namais chega ren a casa, porque estes dias estuven no sanatorio por unha perna que teño mal, deronme as ganas de poñer algo aqui dos arbañiles que andan estes días en folga por Vigo adiante. Farteime de ler esta temporada nos faros, nas revistas e asta nalgun libro dos que me traia o meu neto. Evos un escándalo o do dereitoso Sarcocy. Non solo ganou as elecions si non que tamen meteu a bordo do goberno aos socialistas e algun dos comunistas de antes. E o galo do galiñeiro franchute. Quere isto disir que ali, xa non e coma antes nos tempos da radio pirenaica. En Francia xa non hai revolucionarias nin aqueles politicos e periodistas e asta filosofos que lin nos libros como Sartre, Camus, San Esipery, e muitisimos outros. Agora a moda é ser como os americanos, como os yanquis de Bush: xubilarse mais tarde, reforma laboral, menos vacasions, pribatisasions,... ensejida aterriso aqui e resulta que o rapas de Aldan, que se chama David Cal, que janou un feis de medallas nas olimpiadas, non hai quen lle faja caso. Nin as empresas, nin a xunta. Ainda outro dia morreu como un heroe o Paquito Fernandes Ochoa, aquel que andaba a esquiar e gañou solo unha medalla de bronce. David ganou duas nunha olimpiada, unha de OURO e outra de PLATA, o que non conseguiu nunha na historia ningun deportista español. E a conselleira da Xunta que tiña que andar cunha escoba de sestas a barrerlle o camiño por onde pasara este home, anda mui ocupada nas senas pa ver que fan co nicharo que fiso Fraga en Santiajo.
Non, e o que dijo eu. o mellor que podia faser o david cal era matar se en calquera volta da carretera unha noite vindo dhna fuliada. Habiamos de ver os homenases, discursos e choreiras de todo dios. As veses penso que o mellor que se pode faser neste pais e marchar po outro barrio pa que te respeten como se fai con Castelao e Rosalia de castro, por ejemplo. Menos mal que nos quedan os arbañiles, xente onrada e traballadora , pa disir que ainda estamos aqui.

14/09/2007

Onde estan as chaves

Cando xa pensabamos que este ano Moaña iba quedar sin cansión do vran, de repente volve aquela de Onde estan as chaves matarile na version do coro do conxello. E normal porque o que non e normal e que o alcalde marche coa chave da ofisina pas Canarias de vacasions. De quen desconfia o alcalde Millan, dos funsionarios, dos compañeiros de goberno, dos seus do bloque? Eche un pouco misterioso este rapas. De entrada deulle pe o Fervensa pa abrir a boca, que estaba mui caladiño desde que levou o nabo de ter que sentarse nos bancos da oposision.
O Pastorisa pares que non lle preocupou tanto o choio. Como el anda todo o dia o rolo cun ordenador deses de meter na maleta tanto lle ten. Monta a ofisina en calquera parte. Hasta no bar si fai falta que xa o teño visto eu a "despachar' con algun visiño.
Pa prosima Millan que faga como o barbeiro e deixe un cartel na porta do despacho que poña "cerrado por vacasions" e asi xa queda aclareado que o que queira cortar o pelo ten que esperar a que veña o alcalde de volta e listo.

13/09/2007

As voltas con costas

En primeiras non vos vou disir cousa nova sobre o Montenegro. Quen foi este ilustre personaje sa o sabe todo Moaña. Tiña mui boas influensias ala mui arriba, tantas que chegaban a Madrid e el bulia coma os ratos ajuaneiros naquelas fochas podres do franquismo que lle chamaban ministerios. Traballouno ben, pa iso era un cacique dos de verda e ademais estudiado. Pero alguns nesesitan meterse debaiso das andias na persesion pa faserse os santos,c ando todo o mundo sabe que muitos que compraron no edificio de salitre XA SABIAN que era unha ilegalida e aproveitaronse do conto. Lojo uns revenderon ou compraron mais tarde e hai ali familias ali que non teñen culpa de nada, iso é serto. Tamen hai outros que disque teñen propiedas. Que llo vaian contar o xues de turno que iso son cousas da lei. Pero o que esta aqui en retesia e o interes de todo o pueblo en mirar o mar a estribor e os intereses duns POUCOS visiños a bavor.. E desque teño uso de rason pa min as casas os traballadores temolas pa vivir nelas e non pa especular. Por iso non ahi ningun problema. Ninguien vai mandar aos visiños coas suas familias po camiño. Van seguir vivindo ai asta que o estado ou a xunta teña os cartos pa indenizalos, si lles sobran alguns dos que estan a jastar conprando Cortegada, Salbora, islas de Canarias e aquel hotel de Pontedeume e outros sitios polo estilo.
O outro dia sa lin que os de IMO andaban tamen a carresar po muiño pero coa saqueta libre. O final non se atrebian a disir nada, Nin que si nin que non, solo pidian informasion o consello e iso que andan na oposision. E dijo eu ¿non andara tan mansiño Eulosio pa non molestar o seu amijo Oscar Riobo, o telefonista dos empresarios, que pares que tamen ten aqui intereses da familia¿
E ajora pa acabar unha reflesion. Quen lle deu permiso pa construir detras do auntamento novo os heredeiros de Montenegro, que van sacar varios miles de millons no viase. Alguns choraban pola erbiña que estrajaba o barrendeiro, peso a ver que din cando enpesen a mirar o mostro que vai salir de ali atras.

10/09/2007

O deslinde de costas da seara


Anda Julia a do bar Moaña aljareada porque quer que lle tiren a proibision pa construir enfrente do seu negosio ou polo menos que lle dean os cartiños polo solar. Sa andou a darlle o rolo con Javier Barreiro pero non consejira nada. Aora todos os fachas da redonda meteron tamen en xogo o Riobo da libreria do Puntillon pa que mova o alcalde aproveitando que son amijos. O Millan que non e nada parbo, pusoxe ensegidiña a remexer e disque vai mandar un recurso a Madrid pa defender os intereses de todos os que teñen as casas a rente o mar desde a casa do mar o Salitre. Sa xabe el que non vai consejir nada pero polo menos vai ver si soseja de momento a comparsa que ooutro dia se reuniu no consello con Turito o frente.
Ai ahi moito que falar. Nuhna estrema temos un astillero que deixou de selo ai moitos anos e aora funsiona como almasen de madeira, e asta un parbo sabe que os permisos que se dan, por ejemplo pa ter unha batea pa criar o mesilon , si se dedica a outra cousa podenche tirar a consesion. Pero ai muito espabilado neste pueblo que pensa que en ves de ollos os visiños temos na cara croios da ribeira.
E pola outra estrema temos o edifisio do Salitre que o quinqui delincuente Garcia Villar vai pa ala máis de vinte anos co permiso de faser dous pisos e o final meteulle catro e unha jardilla. E os que compraron ali muitos foi de mala idea aconchabados co quinqui delincuente, fasendolle un desafio o alcalde que daquela era Abalo pa ver si tiña o aquel de botar unha familia fora da casa na que se meteran a correr pa dentro.
E aora andan a estrapusar no FAro e a buscar a solidarida dos visiños ou a compasion ou non sei que. Alguns dos cabesillas que andan en rojativas aora hai uns dias a botabanlle merda a sestas porriba a o barrendeiro que disque estrajaba a erba do xardin do concello. Arre carallo cos comenensiudos deste pueblo.